Sunday 28 de April de 2024

Aberto o prazo para realizar a preinscrición de matrícula no servizo municipal de ‘Almorzos na escola’


• Forma parte do programa de concilicación laboral e familiar “Conciliortigueira”, que inclúe tamén o servizo ‘Sen cole non cole’

• O prazo para inscribirse finaliza o vindeiro martes, 16 de maio, e o trámite pode realizarse no Rexistro Xeral do Concello ou a través da sede electrónica

Xa está aberto o prazo para realizar a preinscrición da matrícula no servizo ‘Almorzos na escola’ do Departamento de Igualdade do Concello de Ortigueira.

Forma parte do programa “Conciliortigueira”, ao que ademais pertence a actividade “Sen Cole non Cole” para levar a cabo a conciliación laboral e familiar durante os períodos non lectivos como o Nadal ou a Semana Santa.

As familias poderán formalizar a preinscrición da matrícula desde hoxe ata o vindeiro martes, 16 de maio, no Rexistro Xeral do Concello ou a través da sede electrónica achegando a documentación necesaria (folla de preinscrición e folla de domiciliación bancaria).
“Conciliortigueira” é un programa que pretende facilitar a conciliación da vida laboral e familiar para os veciños de Ortigueira, no que os menores están atendidos por persoal cualificado e desenvolven actividades lúdicas diversas de coeducación, colaboración e igualdade.

Trátase dun servizo gratuíto para as familias e conta co cofinanciamento da Secretaría Xeral de Igualdade”.

Para solicitar máis información sobre o programa pódese contactar co CIM de Ortigueira